Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Dependencias novas para o Xulgado de Paz e a Policía Local muxiá

Estase a reformar a planta baixa do consistorio para todos os servicios sociais

Muxía. O novo Xulgado de Paz de Muxía, situado no multiusos da Camposa (Rúa José María del Río), xa está operativo e dispoñible para a veciñanza. Esta nova ubicación, nun local recén reinagurado e mellorado, vén a facer efectivo un acordo plenario de hai anos. Ademais, conta coa aprobación dos responsables da Administración xudicial que dirixe os Xulgados de Paz a nivel autonómico.

Estas oficinas son de nova construcción, independentes, e con varios servizos e melloras. Contarán con aseos, que ata agora non tiñan, sala de espera, oficina administrativa xeral, ventá de atención ao público, arquivo propio, así como unha estética máis funcional e acorde aos tempos actuais. Contará co mesmo número de teléfonos e servizos que ata agora.

Con esta reubicación do xulgado, o baixo do consistorio estase a reformar para albergar todos os departamentos de asuntos sociais na mesma planta, incluíndo un novo espazo para o CIM, con máis intimidade para as usuarias. A Policía Local tamén estreará novas dependencias no concello, cunha entrada completamente independiente.

O alcalde, Iago Toba, destaca que “esta mellora fará máis accesibles os servizos esenciais a toda a nosa veciñanza”. Ademais, desde o goberno local indicen que “desde hai tempo queriamos albergar na planta baixa, a máis accesible, todos os departamentos de asuntos sociais. O CIM e a Policía Local terán un espazo moito máis cómodo no que seguir dando un servizo da calidade”. c.m.

30 dic 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito